DeportesPescaÚltima hora

O Club Spinning Valdeorras organiza unha nova recollida de plásticos no río Sil para o 13 de marzo

Recollendo lixo do río Sil na anterior convocatoria do Club Spinning Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Como xa fixera antes da pandemia, o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras organiza unha recollida de plásticos no río Sil uns días antes do inicio da tempada de pesca.

Será no mes de marzo, o domingo día 13 dende as 9 ata as 12 horas aproximadamente, con dous puntos de partida, un dende a pasarela do Malecón no Barco e outro dende as piscinas de Vilamartín de Valdeorras. “Dependendo da xente que vaia cubriremos máis ou menos extensión de río”, apunta o presidente do club, Daniel Prada.

Dende a entidade deportiva fan un chamamento á xente para que acuda “por un río máis limpo, por un río máis vivo”. Para participar na recollida será indispensable levar luvas, mascarilla e calzado adecuado.

Máis información: Spinningvaldeorras@gmail.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button