DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Club Voleibol Ribeira Sacra organizará o campionato galego cadete feminino

As quiroguesas Carolina Camino e Sofía Pérez forman parte do equipo que competirá en Monforte

Os bos resultados do equipo valéronlle ao Club Voleibol Ribeira Sacra a organización do campionato galego cadete feminino. Así o demostra a Federación Galega de Voleibol que vén de adxudicar o torneo ao club lucense (do que forman parte as quiroguesas Carolina Camino e Sofía Pérez), despois de que as súas puntuacións foran superiores ás dos outros candidatos.

O campionato celebrarase o 29 de abril no pavillón de A Pinguela, en Monforte de Lemos, disputando as semifinais Calasancias-XAV Cambados e CV Ribeira Sacra-CV Oleiros.

Fotos: CV Ribeira Sacra.

 

Artigos relacionados

Back to top button