DeportesÚltima hora

O Clube Deportivo Seixalbo homenaxea a Xosé Manuel Rodriguez Novoa “Pego”

O equipo de Seixalbo desputaba un encontro moi especial co CF Os Chaos
"O Pego" recibindo unha placa, na homenaxe que lle rendía o CD Seixalbo durante o encontro co CF Chaos./ Foto cedida polo CD Seixalbo.
“O Pego” recibindo unha placa, na homenaxe que lle rendía o CD Seixalbo durante o encontro co CF Chaos./ Foto cedida polo CD Seixalbo.

O partido que se desputaba na mañá do 20 de marzo no campo do Clube Deportivo Seixalbo remataba cunha rotunda vitoria local sobre o CF Os Chaos na terceira xornada da Copa Delegación da Terceira Autonómica. Pero o encontro ía máis aló da competición. E iso por varios motivos. Era a primeira vez que o equipo de Seixalbo recibía no seu campo ao CF Os Chaos. Ademais aproveitábase esta ocasión para renderlle nunha homenaxe moi especial “a unha das persoas referentes no fútbol modesto provincial: Xosé Manuel Rodríguez Nóvoa (nacido en Amoeiro o 23 de decembro de 1943)”, explican dende o conxunto de Seixalbo.

Rodríguez Nóvoa, coñecido nos campos de fútbol de Ourense como “Pego”, foi fundador do equipo de Terceira Autonómica CF Os Chaos, onde exerce desde hai anos como “presidente, adestrador e calquera outro rol que sexa necesario para que o club siga en marcha, incluso o de vestirse de curto para defender as súas cores”, din dende o CD Seixalbo.

Tamén destacan que “O Pego cos seus 72 anos chegou a xogar partidos oficiais en competición” e que o “CF Os Chaos chegou a estar 977 días e 68 partidos de liga sen gañar, empatando únicamente un. Este campionato de liga 2015/2016 finalizouno sen gañar nin un so encontro. Sen embargo, e aínda que os resultados deportivos non lle acompañaron, é un dos equipos máis queridos da provincia”. Na pasada xornada Os Chaos vencía a domicilio 2-4 e dende o equipo de Seixalbo escollíase esta visita de Copa para “mostrarlle o noso recoñecemento e agarimo. O Pego, xunto ao CF O Chaos, foi e é un exemplo de
humildade, constancia e deportividade; valores que non pasan desapercibidos para o CD Seixalbo”.

Desta volta Os Chaos non lograba vencer, perdía por 12 goles a 0, pero de seguro para os participantes no partido resultou unha xornada moi especial e emotiva na que “O Pego” recibía unha placa conmemorativa diante da súa afección.

Artigos relacionados

Back to top button