EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Clúster da Lousa e a D.O. Valdeorras asinan convenios coa Galicia Business School

As sinaturas dos acordos tiñan lugar na mañá do 8 de marzo nas sedes de cada unha destas entidades

Primeiro en Vilamartín e, despois, en Sobradelo. O director da Galicia Business School, Eduardo García, visitaba a comarca de Valdeorras para asinar sendos acordos de colaboración en materia de formación co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e co Clúster da Pizarra de Galicia.

Así na sede da D.O. Valdeorras, o seu presidente, Francisco García, rubricaba un acordo ao abeiro do cal o Consello Regulador e a entidade Galicia Business School comprométense a realizar conxuntamente unha serie de actividades docentes que beneficien a ambas partes. Pouco despois Eduardo García trasladábase á sede do Clúster da Lousa de Galicia onde asinaba un novo convenio, desta volta co presidente deste organismo, Víctor Cobo.

Ambos acordos teñen unha duración dun ano, e no seu marco ofrécense bolsas-desconto do 10% sobre o prezo total dos programas impartidos pola Galicia Business School aos profesionais do sector vitivinícola da comarca que desenvolvan a súa actividade baixo o selo do Consello Regulador e tamén do sector da lousa.

Adicionalmente, Galicia Business School destinará o 5% do importe total de cada matriculado procedente do Consello Regulador, nalgún dos seus programas formativos, a un fondo de formación a favor da D.O. Valdeorras e o outro tanto no caso do Clúster.

Fotos: Carlos G. Hervella (as do Clúster da Lousa)

Artigos relacionados

Back to top button