ConcellosÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia e a Cruz Vermella Valdeorras asinan un convenio de colaboración

A organización empresarial repaldará os programas de apoio escolar e de xoguete solidario que promove a entidade benéfica na comarca

 

A sede da Cruz Vermella Valdeorras no Barco acollía ás 13h. deste 13 de novembro a sinatura dun convenio entre a entidade benéfica e o Clúster da Pizarra de Galicia. Segundo explicaba o presidente da Cruz Vermella Valdeorras, Maximino Alonso, esta colaboración materializarase en dous programas: o de apoio escolar (con 70 nenos no que vai de curso) e a recollida do xoguete solidario, ambos dirixidos a nenos de familias en risco de exclusión social.

“O programa de apoio escolar consiste en que os nenos veñen á Cruz Vermella e os voluntarios danlle clases de apoio e axúdanos a facer os deberes, e, ao rematar, tamén lles damos a merenda. No referente ao xoguete solidario, facemos unha recollida de xoguetes novos e educativos para entregarllos no Nadal aos nenos destas familias. A través deste convenio, o clúster facilitaranos alimentos para as merendas dos nenos e tamén xoguetes”, explicaba Maximino Alonso, que lle agradecía ao presidente do Clúster, Victor Cobo, a colaboración deste organismo e tamén o das empresas que forman parte del.

Pola súa banda, Cobo amosaba o seu agradecemento á Cruz Vermella “por contar con nós, estamos encantados de estar aquí colaborando e esperamos que as empresas do clúster poidan aportar o seu gran de area a esta iniciativa”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close