EconomíaEconomíaPizarraÚltima horaViticultura

O Clúster da Pizarra de Galicia e a Ruta do Viño de Valdeorras unen forzas

Nun encontro celebrado este mércores veñen de fixar as bases para unha colaboración continuada para explotar o potencial turístico da comarca

De esquerda a dereita, Severino González, Montserrat Rodríguez, Cristina Núñez e Joaquín Sánchez durante a reunión./ Foto cedida.

 

Lousa, vitivinicultura e turismo. Eran os eixos do encontro que esta mañá matiñan o xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González, na sede do organismo co presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, e coa súa vicepresidenta, Montserrat Rodríguez. Á xuntanza, que serviu para sentar as bases dunha colaboración máis continuada entre ambos os organismos, asistiu tamén a técnica da Ruta do Viño, Cristina Núñez.

“Foi unha reunión produtiva de traballo” entre dous organismos “que teñen moito que dicir na economía de Valdeorras. Establecer sinerxías e promover proxectos de colaboración en común entre o Clúster da Pizarra e a Ruta do Viño foi o obxectivo desta primeira xuntanza”, aseguraba ao termo da mesma Severino González.

“O obxectivo é poñer en valor o noso potencial turístico conxunto, tanto dende o ámbito industrial como dende o enoturístico”, indicaba o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, matizando ademais que “queremos comezar unha relación estable e continuada, que desenvolveremos en base a un convenio que redactaremos nos próximos meses”.

Artigos relacionados

Back to top button