Publicidade
EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia entrega os premios do seu concurso escolar de debuxo

Presentábanse 50 traballos, entre os cales resultaba ganador o de Sandra Mallo, alumna do IES Martaguisela

Acto de entrega de premios na sede do Clúster da Pizarra de Galicia./ Foto cedida.

 

Os ganadores do I Concurso de Debuxo do Clúster da Pizarra de Galicia veñen de recibir os seus premios da man do xerente desta entidade, Severino González, nesta maña de venres 31 de xaneiro, nun acto celebrado en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

O traballo ganador foi o presentado por Sandra Mallo, alumna de 1º da ESO do I.E.S Martaguisela do Barco, que recibía un premio de 300 euros. Ademais Kevin Fernández, estudante de 1º da ESO do
C.P.I. Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo de Valdeorras, facíase co segundo premio (150 euros) e Jorge Juan Gutiérrez, alumno de 3º da ESO nese mesmo centro, co terceiro premio de 50 euros.

Este concurso, celebrado en decembro e dirixido a escolares da comarca, busca “pór en valor a relevancia da lousa como material construtivo e como motor económico da zona”, segundo o Clúster. Presentábanse uns 50 traballos, o que “evidencia o interese suscitado”, segundo Severino González.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close