EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia presenta un estudo sobre a lousa en Ourense

O acto terá lugar o día 19 de outubro na sede da Confederación de Empresarios de Ourense
Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Para o mércores 19 de outubro está prevista a presentación dun estudo técnico sobre a lousa galega promovido dende o Clúster da Pizarra de Galicia. O acto terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), na cidade das Burgas. O traballo leva por título o “Estudo sobre o comportamento das lousas de compresión litostática” e ten sido coordinado polo profesor Fernando López-González Mesones, enxeñeiro de minas pola Universidade Politécnica de Madrid. Nel analízase o comportamento das lousas de compresión litostática ante dúas agresións medioambientais: a conxelación e os cambios térmicos.

Na presentación participarán o presidente do Clúster, Víctor Cobo Arias; o director xeral de Enerxía e Minas, Bernardo A. Tahoces, o coordinador del estudio, Fernando López González-Mesones, e o arquitecto e comisario do pavillón de España na Bienal Internacional de Arquitectura de Venecia 2016, Carlos Quintáns Eiras, quen pronunciará a conferencia “Arquitecturas de Pizarra”.

Artigos relacionados

Back to top button