EconomíaEconomíaÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia reforza a imaxe de durabilidade da lousa

O sector aposta por difundir socialmente as características e propiedades desta pedra natural

Imaxe da campaña do Clúster da Pizarra de Galicia.

 

O Clúster da Pizarra de Galicia aposta por incrementar a visibilidade da lousa galega mediante unha campaña de promoción que se desenvolve baixo o lema “Pizarra natural de Galicia: Para toda a vida”. Con esta iniciativa preténdese “destacar, entre outras propiedades o carácter natural, a durabilidade e a sostibilidade deste elemento construtivo. A iniciativa está dirixida a medios de comunicación offline e online xeralistas e a revistas especializadas neste sector; e tamén desenvolverá unha completa estratexia de presenza en redes sociais (RRSS) e de patrocinios de diferentes espazos”, segundo o Clúster.

A campaña, que xa está en marcha, inclúe cartelería gráfica, pezas para insercións publicitarias en medios impresos, cuñas publicitarias para medios radiofónicos, posts e entradas en RRSS, ademais de folletos dirixidos a feiras internacionais do sector. Para trasladar as mensaxes aos seus públicos obxectivo, a iniciativa emprega diferentes idiomas tales como castelán, galego e inglés.

Tradicionalmente, a lousa ten sido un material moi aprezado na construción pola súa gran versatilidade, impermeabilidade, propiedades illantes e durabilidade. E esa última característica incídese de xeito especial nesta campaña. Tamén se busca fomentar o uso desta pedra natural máis alá das cubertas de vivendas e doutros edificios, tendo en conta a gran versatilidade e posibilidades desta rocha ornamental galega.

 

Artigos relacionados

Back to top button