EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia reúnese coa directora xeral de Recursos Naturais

Representantes do Clúster da Pizarra de Galicia, na reunión coa directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

 

Nesta semana o presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo, e o xerente desta entidade, Severino Vázquez, mantiñan unha xuntanza coa directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría. Este encontro forma parte dunha rolda de contactos que está a manter Uría con clústers galegos para achegarse á situación actual destes sectores e poder avaliar posibles medidas de mellora e impulso.

Nese senso, Uría tamén se reunía cos clústers do Granito e da Auga Mineral e Termal de Galicia. Ademais nas xuntanzas cos seus representantes para informáballes da Lei de reactivación económica que está agora tramitándose no Parlamento galego e coa que a Xunta busca un cambio na cultura da Administración.

Así, a directora xeral trasladou aos clústers as novidades que contén este novo marco lexislativo, que busca converter a Galicia “nun bo lugar para investir, a través da axilización da tramitación administrativa ao mesmo tempo que achega as máximas garantías xurídicas, urbanísticas e medioambientais”.

A previsión é que coa nova lei o prazo de tramitación dun proxecto se reduza nun terzo con respecto ao período actual. Deste xeito, Galicia avanza no reto de contar cunha administración máis áxil, moderna e que responde mellor ás necesidades deste novo contexto socioeconómico marcado pola pandemia.

Plan de promoción

Nos diferentes encontros celebrados esta semana, a directora xeral e os clústers consideraron oportuno abordar un plan de promoción dos sectores e dos seus produtos, no que se poñan en valor os aspectos positivos que esta industria ofrece, tales como a creación de emprego, o asentamento poboacional, o crecemento demográfico e o respecto ao medio ambiente contando así cunha industria mineira sostible e responsable.

Tamén se destacou a importancia de aproveitar as axudas ás empresas da minería que se centran en adaptarse ás novas esixencias en materia de po de sílice para contar cuns centros de traballo saudables.

Paula Uría amosou a disposición da Xunta –a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación– para seguir colaborando coas asociacións e empresas destes sectores, co obxectivo de poñer en valor os recursos naturais de Galicia, unha fonte de riqueza e emprego que, á súa vez, é necesario protexer. Neste sentido, pediu aos clusters a súa cooperación para avanzar cara a unha Galicia máis verde e máis sustentable.

Artigos relacionados

Back to top button