OurenseÚltima hora

O CN Escualos prepárase para a recta final da tempada de natación

 

Co obxectivo de motivar ao equipo de cara a un final de tempada no que esperan lograr bos resultados, o CN Escualos organizaba a xornada especial “Adestrando cara a normalidade” que se celebraba este domingo na Piscina Be ONE Las Lagunas.

Unha xornada de natación na que o club ourensán reunía a preto de 30 nadadores nun adestramento conxunto que incluía charla do adestrador, foto do equipo 2021, grabación de vídeo para correccións técnicas e un sorteo entre os asistentes de produtos de Aceites Abril.

Dende o club adiantan que o o vindeiro domingo volverán competir en Ponteareas na Piscina Álvaro Pino, na 4ª xornada da liga galega defendendo o 2º posto que ocupan actualmente entre un total de 25 clubs galegos. Segundo o míster, Hugo Nogueira, están “nun gran momento de forma a pesar da situación e os paróns. Estamos moi fortes na liga e podemos facer grandes cousas no galego de verán”. Un campionato que se celebrará en xuño e no que o club ten postas moitas esperanzas contando coa colaboración dos espónsores: Campus da Auga, Be One Las Lagunas, Bouso Intersport e Aceites Abril.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button