DeportesÚltima hora

O CNPO participa este sábado na 2ª xornada da liga galega de clubs

O técnico ourensán convocou, para viaxar a Pontevedra, a sete nadadores no equipo feminino e nove no masculino
Membros do Club Natación Pabellón Ourense.

Este sábado 26 de xaneiro a partir das cinco da tarde, celebrarase na piscina do Complexo Rías do Sur de Pontevedra a segunda xornada da liga galega de clubs de división de honra, na que participará o Club Natación Pabellón Ourense.

O club ourensán adestrado por Daniel Toro enfrontarase ás outras cinco escuadras entre as que se atopa o actual líder, o CN Galaico, esperando ter opcións de mellorar o cuarto posto no que se sitúan neste momento. Para logralo, o técnico Daniel Toro convocou a sete nadadores no equipo feminino e nove no masculino.

Artigos relacionados

Back to top button