BaloncestoDeportesÚltima hora

O COB pasa a chamarse Ibereólica Ourense

A empresa dará nome ao equipo durante as vindeiras tres campañas

O Club Ourense Baloncesto pasa a chamarse Ibereólica Ourense. Así, a empresa dará nome ao equipo durante as vindeiras tres campañas.

O presidente, Camilo Álvarez, explica que “é un día moi importante para o club porque coa firma deste convenio únese a nós o Grupo Ibereólica Renovables, empresa de talla internacional, que nos dará un gran empuxón durante as tres próximas campañas, para a nosa estabilidade e fiabilidade económica, e para que o Club Ourense Baloncesto poida seguir crecendo como club”.

 

O presidente do club xunto co presidente do grupo Ibereólica Renovables.

 

Ademais, facendo alusión a estes tempos de pandemia afirma que “nos tempos que corren, coa incerteza económica que se presenta, é moi de agradecer que unha empresa invista parte dos seus dividendos no apoio ao noso proxecto, por iso, quero dar as grazas a Gregorio Álvarez, presidente do grupo, por apostar por nós, tanto no equipo LEB Oro como na canteira, área na que tamén queremos progresar e que é fundamental para nós.”

Artigos relacionados

Back to top button