OurenseÚltima hora

O coche simulador do mundial de RallyCross de Montealegre estará no CC Ponte Vella ata o 26 de abril

O Rally, puntuable para o campionato do mundo, celebrarase os días 27 e 28 de abril
O coche simulador.

A planta baixa do Centro Comercial Ponte Vella de Ourense acollerá ata o 26 de abril, un coche simulador da proba do mundial de RallyCross de Montalegre-Portugal 2018.

O simulador estará a disposición do público que desexe probalo de forma gratuíta de luns a sábado en horario de 12 a 16 e de 17 a  21horas e o domingo 22 de 16 a 22horas. Os usuarios que fagan o mellor tempo de cada xornada conseguirán uhna entrada para ver o Rally puntuable para o campionato do mundo, que se celebrará os días 27 e 28 de abril.

A inauguración do vehículo, tiña lugar na mañá do 20 de abril, contando coa presenza de diferentes membros da proba e autoridades: Julio Bouzo, director de Escudería Ourense; Enma González (directora de xestión de Expourense; Carlos González, delegado de Gadisa en Ourense e membro da Xunta Directiva de CC Ponte Vella; Jorge Bermello, presidente da Comunidade de Propietarios de CC Ponte Vella; Marcos Vila, director de Ponte Vella; João Ribeiro, organización do Rally e membro da Cámara Municipal de Montalegre; Nuno Rodrígues, organización do Rally e membro da Cámara Municipal de Montalegre; Fátima Fernandes, concelleira Cámara Municipal de Montalegre; António García, organización do Rallye; e Jano Fraga, Escudería Ourense.

 

Asistentes á presentación do simulador no CC Ponte Vella de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button