Galerías de fotosÚltima hora

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa presentan unha obra de teatro “moi doce” en Trives

Teatro Calavera puxo en escena Chocolate, cun obradoiro de cociña ao final da representación

A Biblioteca Municipal da Pobra de Trives acollía na mañá do 7 de agosto a representación de Chocolate da man da compañía Teatro Calavera.

Un conto para o público infantil no que arredor de 80 cativos, que están a participar no programa Divertrives, desfrutaron coas aloucadas aventuras do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa.

Ademais, o público asistente puido cociñar cos personaxes do conto unha espetada de froitas recuberta de chocolate, nun obradoiro que fixeron ao final da obra, e onde os cativos e os non tan cativos comeron esta saborosa merenda doce.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button