EconomíaEconomíaÚltima hora

O COETTGA celebra o Día Mundial das Telecomunicacións destacando o seu papel na crise do Covid-19

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia asegura que "a redución da fenda dixital é unha necesidade urxente"

Membros da xunta directiva do COETTGA.

 

O 17 de maio conmemórase o Día Mundial das Telecomunicacións, da Sociedade da Información e de Internet. Unha data que se celebrará no Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) poñendo en valor “o imprescindible labor dos telecos nos últimos meses e destacando algúns dos fitos mais relevantes acadados polo Colexio no último ano”.

Neste senso, resaltan a “creación da Demarcación Galega, a realización do primeiro FOROTELECOS de Galicia e o encontro anual de colexiados, acadar representación tanto na Xunta Diretiva da Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AEGITT) como no Consello de Decanos nacional”.

Entre os obxetivos desta entidade galega está “sensibilizar sobre as posibilidades do uso de Internet e de outras tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). O illamento puxo a proba a magnífica capacidade de resposta das Telecomunicacións para solventar a demanda crecente e ainda queda moito por amosar. Os datos falan por sí sós”, indican dende COETTGA.

A fenda dixital

Estas ferramentas poden ofrecer á sociedade e á economía unha capacidade de mellorar a súa calidade de vida así como favorecer a rendibilidade e sostibilidade das empresas. Así o entende o COETTGA, que destaca “a necesidade urxente de reducir a fenda dixital que pon en evidencia a desigualdade da sociedade e da xeografía galega”.

O seu decano, José M. Martínez, asegura que “a conectividade que prestan as Telecomunicacións é tan importante como a electricidade, o gas ou auga corrente, posto que se lle recoñeceron ás Telecomunicación o rango de servizo básico”.

No actual marco da crise do coronavirus, as telecomunicacións e o teletraballo están “contribuíndo enormemente a frear a sangría do desemprego, e por iso é importante destacar a labor dos telecos para facilitar a posibilidade de prestar servizo para conectar a cada un dos fogares, facilitar o traballo dende a casa e o pleno funcionamento dos organismos públicos e privados no marco do illamento social, preventivo e obrigatorio”, indican dende este colexio profesional.

“De non ser polos Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións e todo o traballo, avances e investigacións que levamos feito nas últimas décadas, as consecuencias desta pandemia global, xa terían provocado unha catastrófica ruptura económica a nivel mundial e dos sistemas tal e como os coñecemos” – di Martínez. Ao que engade “todo isto ten unha importante lectura positiva na nosa Comunidade Autónoma, xa que nos empurra (ainda que teña que ser desta maneira) a implementar e integrar novas formas de traballo moito máis eficientes e competitivas nas empresas que xa metidos en plena desescalada, deberíamos seguir empregando”.

 

Membros do COETTGA nun acto público anterior.

 

“Os heroes invisibles”

Ademais dende o COETTGA incídese en que “se ben os telecos sempre foron importantes para esta sociedade, adquiren un potencial moito maior no marco da emerxencia sanitaria. As TICs tiveron que reestructurar as súas formas de traballo, implementar as suas ferramentas e poñer a proba aos seus equipos para garantir os servizos esenciais de conectividade e responder a altísima demanda de consumo nestes últimos tempos. O reforzo nestas redes e o traballo silencioso dos profesionais só cabe destacar a capacidade de adaptación ante as adversidades e a necesidade de recoñecemento destes heroes invisibles”.

E botando man dos datos, este CETTGA asegura que o 80% dos Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións mantén os seus ingresos durante a crise afirmando que o 52% dos enquisados non se viron afectados. E o 56% das empresas do sector das Telecomunicacións non se viron afectadas pola crise do coronavirus, ademais o 146% dos colexiados incrementaron a súa producción dende o teletraballo.

Acceso a Internet de calidade e tarifa social

Finalmente, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia lembra que “máis de 3,2 millóns de persoas non teñen acceso a internet de calidade e moito menos as plataformas educativas telemáticas. Sería necesaria unha tarifa social para poder manter a conectividade co seu entorno”.

Ademais esta entidade considera que a “Sociedade da Información asume a responsabilidade de implementar as novas tecnoloxías, ser eficientes e transparentes e continuar construíndo redes mundiais, non só físicas se non tamén posibilitar que non se rompan as conexión humanas. No Día das Telecomunicacións, de Internet e da Sociedade da Información 2020 a capacidade de transformar o mundo vén da man dos telecos”.

Fotos: COETTGA.

Artigos relacionados

Back to top button