OurenseÚltima hora

O colectivo Rebulir aposta pola recuperación das verbenas tradicionais

O vindeiro sábado 18 de xuño celebrarase en Ramirs A Verbena do Rella

Alexandre Sotelino, director da Escola de Rebulir e coordinador da actividade, Isabel Gil, alcaldesa de Ramirás e Sandra Gonzalez, presidenta de Rebulir.

O colectivo Rebulir con sede no concello de Ramirás organiza para este sábado 18 de xuño A Verbena do Rella, unha actividade que dá continuidade á Noite de Fiadeiro, unha celebración que como indican os
organizadores “morreu de éxito” dado que a cantidade de xente que acudía era moi superior á agardada para unha festa que pretende manter a esencia tradicional.

Así pois neste 2022 reinvéntase a iniciativa programando actividades para todos os públicos. A praza de San Andrés en Vilavidal engalanarase para ocasión, e desde as 16h. acollerá un obradoiro de baile tradicional a cargo de Alexandre Sotelino, para logo dar paso a xogos e animacións de rúa, e chegar as 20h. cun
festival no que participan todos os grupos da Escola de Rebulir e tamén a AC. Mestre Gacio de Lestedo.

O prato forte será chegado o serán, cando empece a verbena en si, con grupos como Carapaus, Tanto Nos Ten ou Candaira que levarán aos asistentes ata a madrugada a ritmo de pasodobres, rumbas, muiñeiras ou xotas. Nunha festa desta índole non pode faltar a vertente gastronómica, e para iso, a organización disporá de racións á venda.

 

 

Máis información: www.rebulir.com

Artigos relacionados

Back to top button