OurenseÚltima hora

O Colexio de Aparelladores de Ourense entrega as súas insignias de ouro e prata

Acto de entrega dos recoñecementos na sede deste colexio en Ourense./ Foto cedida.

 

O Colexio Oficial de Arquitectura Ténica de Ourense (COAT) vén de recoñecer a traxectoria profesional aos colexiados que cumpriron os 25 e 50 anos de profesión e de dar a benvida aos novos colexiados. O venres día 16 de outubro celebraba no seu local social un acto, respectando as medidas de seguridade sanitarias recomendadas, que non puido contar coa presenza de familiares nin amigos, sendo exclusivo para os protagonistas.

“Trátase do acto con maior importancia dentro do seu colectivo profesional pois enxálzase a traxectoria dos aparelladores na sociedade, nun momento de dificultades pero que agora máis que nunca se debe poñer en valor”, tal e como recalcaba o presidente do COAT, Darío López.

Un dos homenaxeados era Jorge González, con 25 anos de profesión, quen sinalou “a importancia da formación continua nun sector en permanente evolución”. Pola súa banda, Delmiro Piñeiro, con 50 anos de traxectoria ininterrompida, aconsellou aos mozos “non ter medo aos retos”, e destacou a importancia de estudar os proxectos antes de iniciar a execución das obras de construción.

Coa entrega de insignias de Ouro e Prata aos homenaxeados púxose punto final a un acto privado e moi emotivo.

Artigos relacionados

Back to top button
Close