CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio de Casaio perderá a unidade de infantil no vindeiro curso, segundo CCOO

Panorámica do pobo de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Panorámica do pobo de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Federación de Ensino Ourense de CCOO vén de emitir un comunicado no que alerta de que o vindeiro curso o CEIP de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras, se quedará sen a súa unidade de infantil. Esta medida, segundo destaca o sindicato, “non está avalada polos datos, xa que, se mantén o mesmo número de alumnos que para o curso vixente”.

Neste senso CCOO Ensino Ourense considera que se trata dunha “medida antipedagóxica xa que levará ao agrupamento de nenos de 3 anos con rapaces de 4º de primaria (10 anos) nunha mesma aula”. Tamén incide este sindicato en que a Consellería de Cultura e Educación “está obrigada a garantir a mesma calidade educativa nas cidades que no rural”.

Artigos relacionados

Back to top button