SanidadeÚltima hora

O Colexio de Enfermería de Ourense comeza a facer test rápidos de Covid

 

A partir de mañá 19 de novembro o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense empezará a colaborar coa Consellería de Sanidade realizando test rápidos de COVID-19 no marco da realización dun estudo epidemiolóxico no Concello de Ourense.

“Desde o inicio da segunda onda de infectados polo SARS- CoV-2, a zona urbana de Ourense viuse duramente golpeada, sendo a área sanitaria con máis incidencia acumulada de Galicia durante varias semanas. Neste contexto de grandes restricións de confinamento perimetral, a Consellería de Sanidade anunciou a súa intención de levar a cabo un estudo serolóxico na provincia, iniciativa á que o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense únese para garantir aos cidadáns que as probas se farán con todas as garantías de seguridade necesarias e de forma gratuíta”, explican dende esta organización.

Neste senso, o Colexio de Enfermería vén de habilitar un circuíto de tránsito seguro na sede colexial, situada na rúa Villa Valencia, nº 18 de Ourense, “onde os cidadáns que acudan a realizar o test rápido serán atendidos por enfermeiras e enfermeiros, é dicir, profesionais sanitarios formados, coa experiencia e competencias necesarias para a realización de probas diagnósticas”.<p

Para participar no estudo, os cidadáns deben pedir cita previa a través da páxina web habilitada para iso ( https:// manager. enfermeriaourense. org/cita- covid ) ou a través do teléfono 988 228 417.

 

 

Dende esta organización colexial recalcan que “é imprescindible que acudan á cita no día e hora sinalados, co seu DNI e tarxeta sanitaria, para poder rexistrar os resultados do test de forma adecuada. Poderase pedir cita para a semana en curso, abríndose os venres as reservas para a semana seguinte; e sempre en horario de 9:30 – 13:15 e 16:30 – 18:15, de luns a sábado”.

Circuíto de tránsito seguro na sede do colexio

Na sede do Colexio de Enfermería de Ourense habilitouse un circuíto totalmente seguro, de forma que o usuario que acode a facerse as probas non pasa dúas veces polo mesmo lugar, xa que a entrada e a saída realizaranse por accesos diferentes. A proba realizarase só a maiores de 15 anos.

Á chegada a organización colexial, tomarase a temperatura do usuario e procederase á hixienización de mans. Unha vez cumprimentados os formularios de rexistro, poderá acceder á zona de extracción de mostras, onde esperará ao resultado. En caso de ser negativo, entregaráselle un xustificante de realizar o test; en caso de ser positivo, o usuario deberá comunicar nese mesmo momento a Radar Covid a súa situación para que se proceda cos protocolos estipulados pola Xunta de Galicia.

Fotos: Colexio Oficial de Enfemería de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button