SanidadeÚltima hora

O Colexio de Enfermería de Ourense denuncia a un falso enfermeiro que pretendía colexiarse

A colexiación dos profesionais permite detectar casos de intrusismo, ofrecendo maiores garantías aos usuarios da sanidade
Logo do Colexio de Enfermería de Ourense.

O Colexio de Enfermería de Ourense vén de presentar unha denuncia contra un home que “intentou colexiarse sen contar coa pertinente titulación universitaria”, explican dende o colexio. Parece ser que o suposto enfermeiro entregou na sede colexial un título de Grao en Enfermería supostamente expedido pola Escola Universitaria de Enfermería de Ourense que, “segundo pudo comprobar a organización colexial, era falso”.

Tal como explican dende o organismo colexial contactaron coa Escola durante a tramitación da colexiación, comprobando que esta persoa non cursara os seus estudos no centro e que o título aportado era falso. Tras requerirlle que acreditase de novo a súa formación, volveu facilitar o título falsificado, polo que o Colexio de Enfermería de Ourense puxo os feitos en coñecemento da autoridade xudicial.

Casos coma este poñen de relieve a importancia da colexiación profesional e o papel dos colexios profesionais como garantes da calidade dos servizos profesionais e da loita contrao intrusismo. “A colexiación ofrece aos usuarios da sanidade a seguridade de que a persoa que o está atendendo é verdadeiramente un profesional. Pódese verificar entrando na nosa páxina web introducindo nome, apelidos e/ou número de colexiado http://www.enfermeriaourense.org/index.php/2014-02-10-20-57-05/busca-colegiados”, sinala a presidenta do Colexio ourensán, Ascensión Pérez Sampayo.

Artigos relacionados

Back to top button