CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio de Vilamartín recibe un accésit no Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018

O obxectivo do galardón é visibilizar e recoñecer o labor realizado polos centros educativos
Fachada do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras.

O CEIP Xosé Manuel Folla Respino (Vilamartín de Valdeorras) vén de recibir un accésit no Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018, co que se recoñece e visibiliza a calidade dos traballos que desenvolveron os centros educativos de Galicia.

O centro escolar valdeorrés participaba na categoría A, na que están incluídas as escolas de educación infantil (EEI), colexios rurais agrupados (CRA), centros de educación especial (CEE), colexios de educación infantil e primaria (CEIP), e colexios de educación primaria (CEP).

O Plan Proxecta crea un marco xeral de cooperación, integrándose nun mesmo espazo de referencia as iniciativas dos diferentes departamentos da Xunta para o fomento da innovación educativa, establecendo ademais uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns para a creación de proxectos innovadores que desenvolvan competencias clave e educación en valores. T”rátase de propiciar dinámicas que favorezan a innovación nos propios centros a través de 43 programas externos con programas dirixidos ao ámbito educativo que buscan potenciar a motivación e o traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado nos proxectos”, explican dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Artigos relacionados

Back to top button