CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio de Viloira consegue o “Sello Vida Saludable”

O centro barquense é o único CEIP público de Galicia co recoñecemento do Ministerio de Educación
Unha zona do patio do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). /Foto: Mónica G. Bellver.
Unha zona do patio do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). /Foto: Mónica G. Bellver.

O CEIP Ramón Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras está adherido á Declaración Galicia Saudable dende o ano 2014 e xa no 2016, o Ministerio de Educación vén de recoñecelo co distintivo de calidade “Sello Vida Saludable” pola súa promoción de estilos e hábitos de vida saudables, “especialmente nos campos da nutrición, a alimentación e o deporte, poñendo énfase na prevención e a hixiene, afianzando hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporando a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social dos alumnos”, explican dende o centro barquense, o único público de Educación Infantil e Primaria de Galicia que conseguíu o selo xunto a otros cinco (catro institutos e un colexio concertado).

No Otero Pedrayo tamén fan fincapé no medio ambiente, promovendo a comprensión e valoración da importancia de preservar o entorno natural “polas repercusións que éste ten sobre a saúde, fomentando as responsabilidades do alumnado na toma de decisións diarias e no coñecemento das consecuencias que teñen sobre a súa saúde”.

Os proxectos máis significativos segundo o obxectivo que persegue o centro á hora de optar ao “Sello Vida Saludable”, que se desenvolveron nos últimos cursos incluído o 2015/2016, son: “Máis e mellor actividade física”; “Aliménta-T ben”; “Protexe aos animais”; e “Mobilidade sostible e segura” todos do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button