CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio de Viloira (O Barco), entre os centros da provincia que participan no programa de robótica

O CEIP Ramón Otero Pedrayo é un dos 16 de Ourense que dispón de kits de robótica

Un total de 16 centros públicos de Educación Infantil e Primaria da provincia de Ourense, entre os que se atopa o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco de Valdeorras), participan neste curso 2018/2019 no programa de innovación “Introdución á robótica educativa en primaria”, polo que o seu alumnado dispón de kits de robótica subministrados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Segundo a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, que na mañá do 15 de xaneiro visitaba outro dos centros que tamén participan, este programa ten como obxectivo “facilitar que o alumnado adquira, a maiores de coñecementos curriculares, competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e social, a través dunha metodoloxía activa que contribúe ademais a fortalecer o avance dos escolares nas áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM)”.

O programa enmárcase na Estratexia Galega de Educación Dixital, Edudixital 2020, a través da cal se busca lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científicotecnolóxica. Por participar nel cada centro recibe unha dotación consistente en 6 robots Mbot (modelo básico) e kit de construción compatible de Lego, ademais dos manuais de uso e guía didáctica.

Artigos relacionados

Back to top button