OurenseÚltima hora

O colexio Divina Pastora de Ourense, punto de recollida de Tapóns Solidarios

Os Ecovixiantes de Franciscanas continúan coa recollida, selección e traslado ata Albarellos de Monterrey

 

Unha semana máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense continúan co seu labor cos Tapóns Solidarios que o alumnado así como a cidadanía en xeral poden levar ao colexio, como un Punto de Recollida que é.

Así, na xornada deste luns 12 de abril, nun par de horas o voluntariado ambiental do centro escolar seleccionou os tapóns por tamaños e mesmo por cores, ata completar garrafas de reciclaxe de 5 e 8 litros, que máis tarde o profesor Gonzalo, Lalo, Sánchez se encarga de entregar en Albarellos de Monterrey, dende onde son distribuídos entre os pequenos que os necesitan para os seus tratamentos.

Moi loable o labor dos Ecovixiantes, non só a nivel medioambiental senón tamén humano, especialmente nesta difícil situación que estamos a vivir.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button