CulturaEducaciónÚltima hora

O colexio Divina Pastora gaña un premio nacional sobre reciclaxe

O centro barquense vén de participar no concurso “EnvasArte” promovido por Tetra Pak
A obra do Divina Pastora do Barco.
A obra do Divina Pastora do Barco.

Co obxectivo de sensibilizar ao alumando sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente, o colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras está desenvolvendo un proxecto escolar no que se inclúe a participación no concurso de ámbito nacional “EnvasArte”. Un certame no que vén de conseguir o segundo premio, valorado en 500 euros para material escolar.

Tal como adiantan dende o colexio, o concurso está impulsado por Tetra Pak e consiste na creación dunha obra relacionada co medio ambiente, a sostibilidade e os espazos naturais, contando coa participación de preto de cen colexios.

Facendo referencia ao nome da vila, a obra presentada polo centro barquense consistiu nun barco construído con máis de 700 envases de Tetra Brick e cartón reciclado. A recompilación do material así como a planificación e a construción da obra, foi posible grazas á colaboración de alumnos, familias e escola.

Artigos relacionados

Back to top button