SanidadeÚltima hora

O Colexio Oficial de Enfermería de Ourense abre unha bolsa de contratación de voluntarios fronte á pandemia do virus Covid-19

Os colexiados que actualmente non estén traballando, poderán prestarse voluntarios para colaborar reforzando turnos no CHUO

Logo da Organización Colexial de Enfermería de Ourense.

 

O Colexio Oficial de Enfermería de Ourense púxose hoxe en contacto co xerente del Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Félix Rubial e co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, para “prestar a súa axuda creando unha bolsa de contratación de voluntarios fronte á pandemia do coronavirus.

“A partir de hoxe, mércores 18 de marzo, todas aquelas/es enfermeiras e enfermeiros que actualmente non estén traballando, poderán presentarse como voluntarios para traballar reforzando ou ampliando turnos na área sanitaria de Ourense, onde actualmente se ven saturados debido á crise do Covid-19”, explican dende o Colexio. Para rexistrarse como voluntarios, terán que completar un formulario cos seus datos persoais e profesionais, que poden remitir ao email da organización colexial, ou que poden cubrir directamente en liña a través dun enlace facilitado. “Ambas versións do formulario, pódese atopar, tanto na páxina web do Colexio Oficial de Enfermería,  como a través dos seus perfís en redes sociais. Así, pódese facilitar a selección das persoas máis adecuadas segundo as necesidades que teña o CHUO nese momento, en caso de que estén interesados en reclamar a  este persoal voluntario”.

Dende o COE de Ourense explican que esta iniciativa nace dende os propios colexiados, dado que “recibimos numerosas chamadas de profesionais que actualmente teñen os seus centros de traballo pechados, debido ao estado de alarma”, din, poñendo a disposición do CHUO as súas capacidades e coñecementos expertos para aliviar a carga dos seus compañeiros que actualmente se ven desbordados, poñendo de manifesto, unha vez máis, “o carácter solidario e entregado da profesión enfermeira”.

A xunta de goberno do COE de Ourense, tamén ofreceu “usar as instalacións da sede coleixal para realizar probas a posibles infectados, colaborando así a non saturar os centros sanitarios”.

Artigos relacionados

Back to top button