CulturaCulturaEducaciónSen categorizar

O colexio Pablo VI da Rúa celebra o 50º aniversario

Os actos comezarán de forma oficial o vindeiro sábado 26 de abril coa festa de apertura, que inclúe numerosas actividades
Presentación dos actos do 50 aniversario do Colexio Pablo VI da Rúa.
Presentación dos actos do 50 aniversario do Colexio Pablo VI da Rúa.

O colexio diocesano Pablo VI de A Rúa cumpre este ano o 50º aniversario. E para celebralo teñen organizado un completo programa de actividades que se desenvolverán dende abril deste 2014 ata abril de 2015.

Na mañá do 24 de abril, a dirección do centro convocaba unha rolda de prensa para dar a coñecer a programación que xirará en torno a tres actos centrais: o primeiro será este sábado día 26 coa clausura da Semana Cultural (adicada este ano ao centenario da obra Platero y Yo de Juan Ramón Jiménez). A festa de apertura do cincuentenario contará, entre outras cousas, coa graduación da 49ª promoción, a entrega de premios de concursos culturais e probas deportivas, e a reunión de antigos profesores.

O segundo acto relevante, terá lugar o 9 de agosto, coa festa dos antigos alumnos que incluirá actos culturais, unha eucaristía e unha cea de amizade e reencontro.

O terceiro acto, co que se pechará este ano de celebracións no Pablo VI-Fátima, será o día grande de clausura que se celebrará o 25 de abril do 2015, cunha serie de actividades que porán o broche de ouro aos 50 anos de historia deste centro, de referencia en toda a comarca.

Foto: Mónica G. Bellver
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button