CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O colexio Pablo VI-Fátima celebra a III edición do “English Words”

Un ano máis a actividade tiña lugar na Biblioteca Municipal da Rúa

Os alumnos de 4º e 5º de Primaria do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa participaban na mañá do venres 27 de maio, na III edición do “English Words” unha actividade organizada polo departamento de inglés do centro, que nacía hai tres anos “para que os nenos se familiaricen co idioma, igual que hai un día das Letras Galegas pensamos en ter tamén un día das Letras Inglesas”, explica a profesora Rocío Illesca.

A actividade tiña lugar na Biblioteca Municipal da Rúa onde os nenos leron os libros sobre os que traballaron este ano no colexio, completando así unha interesante e novidosa iniciativa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button