CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O colexio Pablo VI-Fátima celebra o Día das Letras Inglesas na biblioteca da Rúa

Esta nova edición do English Word tiña lugar na mañá do 29 de maio

Un ano máis os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria do colexio Pablo VI- Fátima, celebraron xunto á profesora Rocío Illesca, o Día das Letras Inglesas na biblioteca municipal da Rúa. Alí, na mañá do 29 de maio, os cativos cambiaron as mesas da aula polas da biblioteca para ler páxinas dos libros cos que traballan nas clases de inglés durante o curso.

English Word é unha actividade organizada polo departamento de inglés do centro, que nacía hai catro anos “para que os nenos se familiaricen co idioma”, explica Rocío Illesca.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button