CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O colexio Pablo VI-Fátima celebra a súa Semana Cultural

Unha exposición sobre Valdeorras, obradoiros, roteiros, charlas e competicións conforman o programa

Na mañá do 22 de abril, os alumnos dos diferentes cursos do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, asistían no salón de actos, ao Xabugo Show, un concurso con varidas e divertidas probas de talento (musicais, cómicas,…).

Esta é unha das actividades incluídas na Semana Cultural 2016 no centro escolar que arrancaba o luns 18 e que remata mañá 23, Día do Libro. Unha semana na que se desenvolveu un completo programa de actos como concursos (de selfies, microrrelatos ou cálculo), obradoiros, competicións deportivas, charlas de profesionais de diferentes sectores (sanitario, musical, orientación escolar e laboral), actos de convivencia e confraternización, etc.

Como cada ano a Semana xirou en torno a unha exposición instalada na entrada do colexio que nesta edición estivo centrada na comarca de Valdeorras. Baixo o título “No val da creatividade” nela pode verse unha pequena mostra dos aspectos máis representativos da zona, dende unha reseña histórica, ata pequenos detalles dos concellos que a conforman, un destacado sobre os escritores valdeorreses e por suposto referencias claras aos sectores económicos como a lousa e tamén ao viño, entre outras cousas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button