A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

O Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa rexistra un positivo por Covid

Nos centros educativos do Barco son seis os casos activos de coronavirus

Exterior do CPR Pablo VI-Fátima da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Repunte no número de casos activos de coronavirus nos centros educativos da comarca de Valdeorras, cun total de 7. Así o Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa rexistra un positivo, segundo se recolle no listado feito público neste martes 24 de novembro pola Xunta de Galicia. É o primeiro que aparece neste colexio e o único en centros de ensino na Rúa nestes momentos, tras varios casos semanas atrás no IES Cosme López.

Tamén se aprecia un leve incremento nas cifras de positivos no Barco. Así a Escola Infantil Los Juglares ten 1 positivo, o CEIP Otero Pedrayo de Viloira 1 positivo, o IES Martaguisela 2 (1 máis que os comunicados o sábado 21 de novembro) e o IES Lauro Olmo outros 2.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close