CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa súmase ao proxecto solidario “Unha carta, un sorriso”

Trátase dunha proposta para axudar aos escolares da Palma, que sofren unha difícil situación pola erupción do volcán

 

O Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa vén de participar na proposta “Unha carta, un sorriso”, unha proposta de apoio aos escolares da Palma, que sofren unha difícil situación pola erupción do volcán nesta illa canaria.

Trátase dunha “marabillosa iniciativa para mandar cartas de ánimo, debuxos, etc… aos nosos amigos da Palma que tan mal están a pasalo co volcán”, explican dende este centro de ensino valdeorrés. Os primeiros en unirse á iniciativa eran os máis pequenos, os alumnos da gardería xunto coas súas profesoras, Gloria e Raquel.

Dende o Colexio Pablo VI-Fátima manifestan o seu orgullo por “contar cunha comunidade educativa implicada en accións solidarias e cuns profesores que aproveitan a vida como escenario de aprendizaxe”.

Fotos cedidas polo Colexio Pablo VI-Fátima.

Artigos relacionados

Back to top button