CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa súmase á loita contra a violencia e xénero

Os alumnos de 1º da ESO realizaron un vídeo con mensaxes sobre a liberdade e a igualdade

Concentracións, manifestos, campañas,… Son moitas as accións que estes días se están levando a cabo dende diferentes colectivos con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe, domingo 25 de novembro.

No colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa, optaban pola edición dun vídeo realizado polos alumnos de 1º da ESO con guión de Ainara e Lola. Trátase dunha actividade encamiñada a “reafirmarnos como colexio no compromiso de traballar por unha educación e un trato igualitario e non sexista”, aseguran dende o centro, consciente de que nen@s e xoves son a mellor esperanza para o futuro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button