Galerías de fotosÚltima hora

O Colmado, unha aposta polo ecolóxico e o artesán no Barco

Froitería ecolóxica, preparación de froitas e verduras para regalo, produtos especiais ecolóxicos (sen azucre, sen gluten, sen ovo, sen lactosa, venganos) ou fariñas de cereais e legumes a granel. Son algúns dos produtos que poden atoparse visitando Ocolmado, un novo establecemento que funciona dende hai unhas semanas no número 22 baixo do Paseo do Malecón do Barco.

A aposta polo artesán e polo ecolóxico son dous dos sinais de identidade deste novo proxecto. Para máis información pode chamarse ao teléfono 988 685 534 ou escribir ao enderezo electrónico colmadobarco@outlook.es.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button