OurenseÚltima hora

O comedor social de Cáritas en Ourense recibe 600 quilos de produtos frescos donados por Coren

A entrega tiña lugar na mañá deste martes 14 de abril por parte do Concello

A concelleira de Asuntos Sociais, o alcalde de Ourense e o delegado de Cáritas.

 

Na mañá deste martes 14 de abril, o Concello de Ourense entregaba a Cáritas, un cargamento de 600 quilos de alimentos doados pola empresa Coren para “axudar ás persoas máis afectadas pola pandemia de Covid-19 na cidade”, asegura o alcalde Gonzalo Pérez Jácome, o encargado, xunto á concelleira de Política Social Eugenia Díaz Abella, de facer realizar a entrega a Ángel Feijóo Mirón, delegado de Cáritas. Os alimentos destinaranse ao comedor social de Cáritas en Ourense, un servizo que “multiplicou o seu número de usuarios desde o inicio da pandemia, e que está a servir unha media de 500 menús cada día na cidade”, aseguran dende o Concello.

O alcalde agradeceu as mostras de solidariedade que moitas persoas e empresas están a realizar durante estes días, poñendo a disposición do Concello os seus recursos e capacidade de traballo para axudar a afrontar a pandemia en diferentes frontes. E dun xeito especial, esta achega de Coren que puxo a disposición do Concello uns 600 quilos de produtos frescos (1.100 bandexas con pezas de polo e 150 rottis de polo). O Concello xestionou a entrega a Cáritas, entidade social que durante estas datas está a actuar como “auténtico salvavidas das persoas máis necesitadas”, sinalou o rexedor.

O delegado de Cáritas, Ángel Mirón,pola súa parte, subliñou a importancia desta achega ante o aumento da demanda de servizos que está a rexistrar o comedor social. O delegado lembrou que a entidade case triplica o número de racións diarias: 563 no día de onte.

Artigos relacionados

Back to top button