Globos e alfombras de cores engalanan xa dende primeira hora desta tarde as zonas comerciais barquenses nas que se desenvolverá a segunda xornada de “Entretendas”, na tarde deste 21 de agosto.
As rúas animaranse novamente co grupo Troula, a partir das 19h., que estreará o espectáculo “O estraño caso do dentista da rúa Brasov”, para público familiar e infantil. Percorrerá diversas zonas comerciais da vila con ata tres “paradas espectáculo” nas prazas Andrés de Prada e José Otero e, finalmente, na praza do Concello.
Esta iniciativa está organizada polo Concello do Barco en colaboración co Centro Comercial Aberto.
Fotos: A.R.