ConcellosGalerías de fotosSen categorizar

O comercio da Rúa toma o centro da vila

Dez establecementos participaron na primeira edición desta iniciativa que tivo unha gran acollida entre os rueses

A campaña de Aeva “O comercio sae á rúa”, que tiña como escenario a céntrica zona de Doutor Vila, desenvolvíase con notable éxito de participación na xornada do 5 de xullo. Uns dez comercios ofrecían produtos de téxtil ou mercería, pero tamén zapatos, artigos deportivos, artesanía e perfumería, entre outros.

Era unha oportunidade de achegarse ao comercio rues e mercar a prezos moi atractivos produtos de calidade. Ademais durante a mostra desenvolvéronse diversas actividades paralelas. Esta iniciativa foi organizada por AEVA en colaboración co Concello da Rúa.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button