ConcellosÚltima hora

O comercio de Barbadás pon en marcha a súa semana do amor sorteando 200 premios

Cartel da campaña.

A semana do amor chega aos comercios e locais de hostalaría de Barbadás. Con motivo da celebración do San Valentín, ou día dos namorados o 14 de febreiro, o comercio local desta vila pon en marcha, dende hoxe e ata o o día 14, unha campaña na que os usuarios do comercio local poden gañar un dos case 200 premios que teñen preparados. Baixo o lema “Barbadás Namórate”, cada compra que fagan os clientes, ou ou consumición, nos 43 establecementos adheridos irá acompañada dunha tarxeta cun rasca.

Entre os premios que conteñen estas tarxetiñas hai 2 paquetes de aloxamento e almorzo para unha escapada romántica ou 120 plantas naturais decorativas. Asemade de 8 ceas en diferentes restaurantes do municipio, 68 almorzos para dúas persoas nas cafeterías adheridas a “Barbadás Namórate”.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinalou que a Concellería de Comercio e goberno local “queremos aproveitar todas as potencialidades que brindan os diferentes eventos ao longo do ano para apoiar ao comercio local de Barbadás”. O rexedor asegurou que a finalidade “é que o comercio local sexa un referente en canto a comercio de proximidade para toda a comarca”. Pola súa banda, a concelleira de Comercio, Marga Pérez, explicou que “Barbadás Namórate” ten como principal obxectivo “incentivar as vendas no comercio local a través de agasallos directos”. Pérez dixo que a campaña pretende “sumar o esforzo de todos para dar maior visualización ao comercio local así como incentivar as compras aproveitando esta data especial”.

O Concello anuncia a campaña colgando cartelería nos establecementos.

Artigos relacionados

Back to top button