EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O comercio e a hostalaría barquense celebrarán a “Noite Branca” o 19 de xuño

Nesta edición, na que haberá novidades e na que se garantirá a seguridade e hixiene, participarán 26 establecementos

Imaxe dunha edición anterior da “Noite Branca” no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco retomará o vindeiro 19 de xuño as súas campañas de dinamización coa organización da “Noite Branca”, con gran acollida nas seis edicións anteriores, e na que nesta ocasión participarán 26 establecementos de comercio e hostalaría da vila.

“Este 2020, a “Noite Branca” adáptase á situación actual, cumprindo coas medidas de seguridade e hixiene; e actualiza a súa programación que conta con cambios no horario da campaña e nas actividades”, tal e como indican dende a organización.

Así os comercios participantes ofrecerán aos clientes descontos e promocións en artigos de tempada, ampliando o seu horario de apertura ata as once da noite.

Ademais, os comerciantes entregarán aos seus clientes vales para unha consumición gratuíta (prezo máximo canxeable 2 euros, e ata fin de existencias) que se deberán gastar nos establecementos hostaleiros participantes. Os vales serán entregados en compras superiores a 25 euros.

 

Establecementos participantes:

 

 

Por outra banda, o CCA sorteará, a través da rede social Facebook, 10 vales de compra de 25 euros, cada un, para gastar durante a Noite Branca.

Os interesados poderán participar os días 17 e 18 de xuño comentando a publicación de Facebook na que se plantexa a pregunta: “¿Que comprarás na Noite Branca de O Barco?”. Os premiados serán elexidos ao azar e se darán a coñecer o venres 19 de xuño ás 10:30h.

A través desta campaña O Barco CCA e os seus asociados queren, a través desta campaña, agradecer aos clientes “o apoio ao sector nun momento complicado como o actual; e transmitir unha mensaxe de unión e forza”.

 

Artigos relacionados

Back to top button