En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O comercio sae á rúa da man do CCA O Barco

Os desfiles en ruta centran a primeira xornada da campaña de primavera “Actualiza o teu estilo”

Dende as once da mañá e ao longo de toda a xornada do 23 de abril, dez dos establecementos participantes na campaña “Actualiza o teu estilo” do CCA O Barco, sacaron os seus produtos á rúa mediante micro-desfiles (desfiles en ruta) realizados ás portas dos comercios, en plena beirarrúa.

Moda, complementos, produtos de papelería, xoiería ou cosméticos. Sobre a alfombra vermella do CCA, coma se dunha pasarela se tratara, catro modelos profesionais (dous mozos e dúas mozas) desfilaron diante da atenta mirada dos viandantes.

O percorrido comezaba en Deportes Sport, continuando en Miranda X, Palpié, Miranda M, Xornal O Sil, Joyería Víctor, Librería Murciego, Boutique Suá, O Colmado Ecolóxico e Artesán, e Estetica Rocío Carracedo.

Os desfiles doutros, nove comercios, continuarán mañá venres 24 de abril dende as 11h.

Ademais das pasarelas, a personal shopper Rosina Ladó, impartíu un taller de estilo con trucos de moda e fondo de armario.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button