EconomíaEconomíaÚltima hora

“O comercio volve saír á rúa”, o 2 de agosto

Aeva organiza, en colaboración co Concello da Rúa, a segunda edición deste mercado de oportunidades
Imaxe da primeira edición do "Comercio sae á rúa", o pasado 5 xullo na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver
Imaxe da primeira edición do “Comercio sae á rúa”, o pasado 5 xullo na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver

A Rúa acollerá a segunda edición do mercado “O Comercio sae á rúa”. Celebrarase o sábado 2 de agosto, tamén rúa Doutor Vila, cun horario de apertura de 11h. 15h. e de 17h. a 23h. “A idea é darlle continuidade á primeira edición, celebrada o 5 de xullo, que foi dun só día e que se nos quedou curta. Serán unhas segundas rebaixas”, explican dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), organizadora da mostra en colaboración co Concello da Rúa.

Nesa xornada ofrecéranse ao público gran variedade de produtos a prezos rebaixados. En total haberá dez postos de comercios do sector téxtil, zapatos, complementos, deportes e artesanía. Ademais da exposición e venda, o mercado rues contará cun programa que incluirá actividades de animación para os máis pequenos (inchables de 12h. a 13:30h. e de 18h. a 20h.), como é o caso de inchables. Tamén se instalará un pulpeiro no recinto e durante esta xornada actuará a Banda de Gaitas Abertal da Rúa ás 13h.

Haberá asemade establecementos de hostalaría da zona ofrecerán unha caña e un pincho a un prezo de 1 euro ao público.

Texto: A.R.
(Máis información na edición en papel de agosto do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button