A RúaConcellosEn portadaÚltima hora

O comité clínico, moi pendente da evolución de casos de Covid na Rúa

Polo de agora non se tomaron medidas, pero vixíase de preto a situación deste municipio valdeorrés xunto coa de Chantada e Sanxenxo

Vista da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Polo de agora non se tomarán medidas, pero A Rúa figura entre os tres concellos cuxa evolución epidemiolóxica segue máis preto o Comité Clínico de expertos que segue a evolución do Covi-19 en Galicia. Así o adiantaba o conselleiro de Sanidade, Julio García, na rolda de prensa celebraba tras a reunión desta mañá do Subcomité clínico, asegurando que neles “farase unha observación especial, se ben polo de agora non se vai tomar ningunha decisión”. Os outros dous concellos son Chantada e Sanxenxo.

“Sempre falamos de que queremos adiantarnos, e, nese senso, imos intensificar a vixilancia neses tres municipios porque vemos un goteo constante de casos e iso fainos estar moi vixiantes”, indicaba tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo.

Segundo os datos comunicados onte polo Concello da Rúa, neste municipio rexistrábanse un total de 22 casos activos.

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a rolda de prensa.

 

Artigos relacionados

Back to top button