PolíticaÚltima hora

O comité de campaña do PP ourensán reúnese en Verín

Reunión do comité electoral do PP de Ourense, que coordina Rosendo Fernández, en Verín.
Reunión do comité electoral do PP de Ourense, que coordina Rosendo Fernández, en Verín.

A sede do PP en Verín acollía na tarde do 20 de decembro unha das reunións que o comité de campaña do PP de Ourense está a celebrar en diferentes puntos da provincia co fin de informar sobre o proceso electoral das vindeiras eleccións xerais do 20 de decembro.

No encontro (ao que estaban convocados os alcaldes, voceiros municipais e presidentes locais populares nos concellos da Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Verín e Vilardevós) tamén se daba conta dos principais aspectos a ter en conta e concretábanse os actos que se organizarán na campaña. Este calendario de encontros do comité en diferentes zonas da provincia completarase o día 22 de outubro en Bande.

Artigos relacionados

Back to top button