OurenseÚltima hora

O Comité de Cooperación Permanente Deputación-Concello reunirase en xullo

Baltar e Vázquez manteñen un encontro no Pazo Provincial para fixar a data e os asuntos a tratar nesa futura reunión
Jesús Vázquez e Manuel Baltar, onte, no Pazo Provincial de Ourense.
Jesús Vázquez e Manuel Baltar, onte, no Pazo Provincial de Ourense.

O Pazo Provincial da Deputación de Ourense foi escenario na mañá de onte dun encontro entre o presidente deste ente, Manuel Baltar, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Un dos obxectivos da reunión era acordar a próxima cita do Comité de Cooperación Permanente Deputación-Concello, que se fixou para o vindeiro mes de xullo, un ano despois da súa posta en marcha.

O comité naceu coa idea de dinamizar e optimizar os proxectos de interese común para a capital e a provincia. Así, os representantes de ambas institucións revisaron, como preludio, cuestións de carácter cultural relacionadas con novas infraestruturas na cidade, así como temas de cooperación no ámbito do acondicionamento de zonas termais e novas propostas no marco do Festival de Cine de Ourense. Segundo explicaron, estes puntos serán desenvolvidos e dados a coñecer na vindeira reunión do grupo de cooperación.

Artigos relacionados

Back to top button