ConcellosÚltima hora

O comité de emerxencia da área sanitaria do PAC de Trives toma as súas primeiras medidas

Unha delas é solicitar a "todas aquelas persoas que viñeron recentemente a Río, Trives e Manzaneda que garden corentena de 15 días e contacten de xeito urxente nos teléfonos facilitados polos seus concellos

Encabezamento do comunicado do comité.

 

Tras a súa creación na pasada semana, o Comité de Emerxencia da Área Sanitaria do Punto de Atención Continuada (PAC) de Trives (que cobre os municipios de Manzaneda, San Xoán de Río e Trives) mantiña neste 18 de marzo a súa primeira reunión conxunta coa asistencia dos alcaldes dos tres concellos, o responsable da área sanitaria e o médico do Centro de Saúde de Trives.

Na xuntanza tomábanse cinco acordos principais. Un deles é “dotar aos tres centros de saúde dunha máquina de ozono para esterilizar e reutilizar os EPI’s debido á posible longa duración da pandemia. Estas máquinas quedaron encargadas xa dende este mércores”.

Ademais decidíase  constituír un protocolo de comunicación do comité de emerxencia transversal formado polas autoridades políticas, a autoridade responsable da área sanitaria e un representante das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.

En terceiro lugar, facíase pública unha solicitude dirixida a “todas aquelas persoas que viñeron recentemente aos nosos concellos” para que “garden corentena de 15 días e contacten de xeito urxente nos teléfonos facilitados polos seus concellos (Manzaneda: 988 33 30 43, Río 608 88 08 44, e Trives 670 47 15 20). Dende os respectivos concellos proporcionaremos os servizos precisos (compras de alimentos, medicamentos…).

Indicábase ademais que, “acordada a pasada semana a desinfección a levar a cabo nos tres concellos, ésta realízase segundo as pautas marcadas polo responsable sanitario”. Recoméndase tamén á veciñanza “empregar información só das fontes oficiais”.

 

Artigos relacionados

Back to top button