ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O concelleiro de Río Iago Cereijo intégrase no grupo de goberno municipal

Iago asumirá a concellería de Caza e Pesca en San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

Iago Cereijo, concelleiro do PP en San Xoán de Río, vén de integrarse no grupo de goberno municipal do RIO, que preside Xosé Miguel Pérez Blecua. Ademais asumirá a Concellería de Caza e Pesca.

“O concelleiro Iago Cereijo, que se atopaba na oposición, decidíu aceptar a petición do goberno municipal feita aos concelleiros da oposición que colaboraron na xestión contra o Covid-19 durante a primeira onda da pandemia e sumarse a traballar no goberno local”, sinala o alcalde de Río.

Así mesmo, o alcalde de Río sinala que, malia ter tan só 25 anos, “Iago é un experto e amante da caza e pesca, sectores con gran arraigo social no noso concello. Con esta incorporación ambos colectivos estarán representados dunha mellor maneira en San Xoán de Río”.

Artigos relacionados

Back to top button