OurenseÚltima hora

O Concello abre o prazo de inscrición para as actividades de verán nos centros cívicos

Enfocadas para cativos de Infantil e Primaria, nesta edición amplían os horarios de 10 a 13.30h en tres deles
O Concello abre o prazo para inscribirse nas actividades de verán dos centros cívicos.
O Concello abre o prazo para inscribirse nas actividades de verán dos centros cívicos.

As Actividades de Verán 2016 que levan a cabo os centros cívicos do Concello de Ourense abren o prazo de inscrición. O obxectivo é que os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria “se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces”, explicou a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy.

A programación, que nesta ocasión amplía o horario -de 10 a 13.30h-, levarase a cabo nos centros de Colón, A Cuña e A Ponte. Tamén haberá nos centros de As Termas e Seixalbo pero aquí o horario será até as 13h. As actividades estenderanse durante os meses de xullo e agosto. Serán de luns a venres e dividiranse en quincenas. Son gratuítas e só requiren estar empadroado no concello.

Os interesados deberán achegarse aos propios centros cívicos ou á Oficina de Atención Cidadá para curir unha solicitude que deberá ser entregada no Rexistro do Concello entre o 9 e o 16 de xuño.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button
Close