OurenseÚltima hora

O Concello apoiará ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro cunha subvención de 8.000 euros

A achega ten como principal destino a campaña de Nadal

Reunión do alcalde de Ourense con representantes do CCA Ourense Centro.

 

O Concello de Ourense apoiará o labor que desenvolve o Centro Comercial Aberto Ourense Centro cunha subvención nominativa por importe de 8.000 euros, especialmente dirixida á campaña de Nadal. O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, reuniuse esta mañá con representantes da asociación ourensá, aos que lles trasladou o apoio do Concello ao sector.

Ao remate da xuntanza, o rexedor puxo de manifesto que no momento actual “é fundamental máis ca nunca defender aos nosos comerciantes”, xa que “estamos vivindo unha época covid na que xa non é unha opción, é unha obriga, e todos nos estamos dando conta de que ou apoiamos o local ou morremos como sociedade”.

Pola súa banda, o presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luis Rivera, sinalou que “sendo como somos a principal asociación de comerciantes da cidade, para nós é satisfactorio ter este recibimento por parte do Concello porque pensando en global pero comprando en local, é o momento de apostar aínda máis polo noso, o máis cercano, pola economía circular, e de que o Concello e as demais administracións teñan este tipo de discriminación positiva para as asoacións de comerciantes da cidade”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close