ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco e Cruz Vermella perfilan as liñas de traballo para este ano

As dúas entidades prepáranse para a acollida de máis persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo
O alcalde do Barco, Alfredo García, cos representantes de Cruz Vermella.

Previsiblemente “nos vindeiros meses chegarán ao Barco de Valdeorras máis persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo”, aseguran dende Cruz Vermella polo que tanto a ONG como o Concello barquense traballan xa na súa acollida, co obxectivo de facilitar a súa integración. Ese foi un dos temas tratados na reunión que ámbalas dúas entidades mantiñan na mañá do 7 de febreiro na alcaldía barquense.

Á xuntanza, na que se trazaban as liñas de traballo de cara a este ano, asistían o alcade do Barco, Alfredo García; o presidente provincial de Cruz Vernella, Felipe Ferreiro; e o presidente comarcal da organización humanitaria, Maximino Alonso. Estos últimos, en nome da entidade que representan, agradeceron ao Concello do Barco a súa iniciativa entorno á acollida “facilitando as xestións co  Bispado de Astorga para a cesión dun piso para o programa de atención a personas solicitantes de protección internacional”, así como que se fixera cargo das reparacións necesarias para que a vivenda se encontrara en condicións ópticas para os beneficiarios.

O Concello do Barco mantén dende hai anos unha importante colaboración coa Asemblea Comarcal Cruz Vermella en Valdeorras, á que deceu o espazo na Casa Río Ciguëño onde ten a sede, realizando asemade aportacións para o mantemento da oficina e para o desenvolvemento de distintos proxectos de atención a colectivos vulnerables.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button